Saúde e deportes

O remo e os títulos: “Vento en popa”

Pablo Silva, Diego Fernández e Rubén Fernández, alumnos todos de 4º do noso centro, foron recibidos onte, xunto con outros compañeiros, polo Alcalde e o Concelleiro de Deportes do Concello de Boiro despois de participar na Copa de España de piragüismo.

No acto foron entregadas unhas mochilas deportivas a todos os palistas do clube como mostra de felicitación polo traballo ben feito.

Para pechar a recepción oficial, o mandatario boirense felicitou ós deportistas “polos éxitos alcanzados” e animounos a “seguir traballando”.

A proba

O Club Piragüismo Rías Baixas-Náutico Boiro participou no embalse pontevedrés de Verducido na C.E. de 200 e 500 metros. Á cita acudiron cinco palistas, os cales regresaron con cinco medallas. O palista Cristian Silva, que forma parte do equipo español de piragüismo, obtivo o bronce na categoría junior K-1 en 500 metros.

O traballo en equipo

O Náutico Boiro rematou a proba na 11º posición da clasificación xeral por clubes, sendo o 5º mellor equipo de Galicia e o mellor da provincia da Coruña.

Cabe destacar que Cristina Noya conseguiu que os seleccionadores se fixasen en ela para fichala no equipo Nacional, xunto con Cristian Silva, e os dous participarán no mundial de piragüismo que se desputará en Hungría.


O remo e os títulos: vento en popa

Que o remo está de moda no Barbanza non é nada novo. Ducias de alumnos do noso centro practican esta modalidade, a maioría no Clube de Remo Cabo de Cruz.

A calidade dos remeiros crucenses, ó igual que os seus títulos e logros, tamén é histórica. O primeiro equipo consigueu a pasada tempada o meritorio ascenso á Liga ACT. Algo así como a Primeira División se falásemos de fútbol!!

Xunto a Sanbartolaméu e Mecos,Cabo de Cruz proclamouse campeón de Galicia de Trainerilla nas finais celebradas o pasado domingo en Meira, Moaña.

Este logro pon á entidade boirense na listaxe de inscritos para o Campeonato de España do vindeiro fin de semana, que se voltará a desputar na mesma localidade que o galego.

Na categoría xuvenil os remeiros crucenses quedaron subcampións, a un minuto do gañador, Mecos. Detrás cruzaron a liña de meta Tirán, Rianxo e Robaleira.

Na categoría senior a loita foi pechada entre Cabo de Cruz, Sanbartolaméu e Tirán, pero a vitoria foi solvente para o conxunto vermello do Barbanza.

A calidade e categoría dos equipos galegos clasificados para o Campeonato Nacionaldo vindeiro fin de semana demostra a súa relevancia e solvencia para dominar ospodiums o vindeiro domingo na final.

CLASIFICACIÓN

Absoluto feminino: 1. Samertolaméu: 15.00.44; 2. Chapela: 15.41.09; 3. Tirán: 15.55.84; 4. Mecos: 16.02.34; 5. Areas: 16.24.78.

Xuveniles masculinos: 1. Mecos: 13.50.41; 2. Cabo: 13.51.41; 3. Tirán: 14.22.75; 4. Rianxo: 14.24.03; 5. Robaleira: 14.44.59.

Absoluto masculino: 1. Cabo: 13.05.84; 2. Samertolaméu: 13.08.25; 3. Tirán: 13.10.50; 4. Amegrove: 13.31.59; 5. Moaña: 13.35.31


O bronce espállase polos corredores

Espectacular. Esa é a verba que mellor define a actuación dos nosos compañeiros de 1º e 2º Pablo Nieto, Álex Velo, Rubén Martínez, Darío, Manuel Tubío, Borja Santamaría, Cristopher Ferreirós e os seus compañeiros do equipo infantil do Jealsa Boiro Voleibol na fase final do campeonato nacional desta disciplina, que se desputou en Almería o pasado fin de semana. Conseguir o título non foi sinxelo, pero o esforzo tivo a súa recompensa e os rapaces que adestra Adrián Alves conquistaron o terceiro posto do podium. 

Os boireneses quedaron encadrados no grupo «C» xunto a Sóller, Mataró e Murcia. Tras un leve pinchazo (2-1) o sábado contra o Sóller, das Illas Baleares, os barbanzáns souberon recompoñerse e finalmente acadaron a medalla de bronce ó vencer Ciezae ó Coslada. Motivo polo cal se meteron en semifinales, intre no que se viron as caras co Elche. Pero os valencianos fixeron un gran partido e tumbaron as posibilidades dos galegos de optar por unha praza na final.

Xa para despedir o campeonato enfrontáronse contra o Mediterráneo de Castellón pola loita polo terceiro posto. E conseguírono.

Agora o deporte galego, barbanzán e boirense conta con un novo logro. ¡PARABÉNS!


O Voleibol ten futuro!

Os nosos compañeiros de 2º e 1º, Manuel Tubío, Borja Santa María, Rubén Martínez, Pablo Nieto, Christopher Ferreirós, Alex Velo Darío son membros do equipo local de voleibol, que se chama JEALSA BOIRO VOLEIBOL, que  participaron xunto con outros equipos galegos da mesma categoría deportística (Infantil).

Despois unha temporada de moitos esforzos e de moitas emocións, participaron no Campionato Galego de Voleibol, no que participaron os mellores equipos de galegos. Nesta competición, celebrada en abril deste ano, os nosos compañeiros quedaron en primeira posicíon, o que lle deu o acceso directo á participación do Capionato Nacional que se celebrará na semana do 19 de maio en Almería.

Se queredes máis información podedes visitar este enlace.


Brais Nieto, lesionado

O noso compañeiro de 3º C, Brais Nieto, que ó inicio da vixente tempada fichou polo Real Clube Celta de Vigo, tivo que dicir adeus ó fútbol para o que resta de tempada. Unha lesión do isquio fai que Brais teña que someterse a un proceso de recuperación para poder voltar ós terreos de xogo. Brais estivo nas categorías base do Boiro dende que era pequeno, e fichou polo Celta grazas a un convenio entre o Boiro e o clube vigués. ¡¡¡Ánimo Brais!!!