Proxectos innovación 2015/16

Ó longo do curso 2015/16 traballamos nos seguintes proxectos:

Plans Proxecta

  • Aprendo Programando: desenvolto polo Dpto de Tecnoloxía (Ana Moreiras e Flor Domínguez), Matemáticas (Javier Bao e Lino García) e Galego (Silvia García e Carme Robledo), promoveu entre o alumnado de 3º da ESO a aprendizaxe de programación a través da linguaxe Scratch. A través deste Proxecta un grupo de alumnado voluntario formouse primeiro no seo do STARcach (Contrato-Programa), e a continuación axudou ós seus compañeiros a crear cadanseu videoxogo. Os mellores utilizáronse na competición STARgal, 10 de maio, IMG_20160510_095311 e que consistiu nunha mostra de produtos no noso centro e nunha olimpiada virtual para toda Galicia. Algúns dos videoxogos elaborados poden verse no blgo STARcach, pestana “Os nosos videoxogos”.
  • Meteoescolas: desenvolto polos Dptos de Matemáticas, Ciencias e Física (Mayca Rodríguez e Pilar Hermo), busca que o alumnado afonde na súa competencia científica e matemática dun xeito práctico, coñecendo mellor a climatoloxía de Boiro
  • Fotografia en curso: desenvolto polas profesoras Berta Gómez e Andrea Herrero, promoverá o uso da fotografía como recurso creativo
  • Fitofaladoiro  O Bosque Animado: coordinado polo Dpto de Lingua Galega (Carme Robledo) e coa participación dos dptos de Tecno e Ciencias, intentará achegar o alumnado á cultura tradicional relativa ás plantas, recuperando terminoloxía e lendas

Contratos-Programa

  • Excelencia matemática: desenvolto polos profesores de Matemáticas Javier Bao e Lino García
  • Star Cach: seminario de audiovisual, programación e robótica coordinado polo Dpto de Tecnoloxía (Ana Moreiras e Flor Domínguez) e coa participación de profesorado de Matemáticas (Javier Bao), Galego (Carme Robledo e Silvia García), Física (Pilar Hermo) e Inglés (Mariano Muñiz e Olga Brea). Consistiu nun obradoiro de 4 meses de duración, os luns a mediodía, onde un total de 55 rapaces e rapazas voluntarios se formaron en programación e robótica: Scratch, S4A, Mbot e Lego. Ese conxunto de “monitor@s” axudaron logo ós seus compañeiros a desenvolver programas nestas linguaxes, e finalmente, elaboráronse pezas audiovisuais involucrando outros Departamentos en canto a temática e idioma. Complementariamente, desenvolveuse un obradoiro de cración audiovisual e exploramos en novas narrativas dixitais, dando así lugar a diferentes videopemas, curtas e vines. Todos os produtos elaborados (videoxogos, videotitoriais e curtas) poden verse no Blog STARcach

Outros programas

  • star gal2 (1)STARgal, proxecto do EDL que levou o premio de Innovación en Dinamización Lingüística, involucrando a alumnado de todo o centro e mesmo xente en Galicia enteira. Consistiu nunha mostra de drones, robots, pezas audiovisuais e nunha competición xogando a varios xogos con Scratch (4 deles online, para todos os centros). Pode consultarse aquí o proxecto enviado á Consellería
  • EpDLab: proposta do Club do Antifás para este curso. O EpDLab (Educación para o desenvolvemente) foinos proposto pola empresa Gingko e a ONG Agareso (Reporteiros Solidarios) ó IES A Cachada trala nosa participación en Amores Prohibidos 2.0., e foi aprobado pola Consellería de Educación. Ó longo do curso estudaremos diferentes formatos audiovisuais (memes, gifs, falso documental, etc) vencellados a aspectos da educación para o desenvolvemento (sexismo, epdlabracismo, información pública e transparente, etc). Xunto a nós, outros 4 centros galegos foron seleccionados.

 

  • Proxecto Boiro, materia de libre configuración de 1º da ESO, que significará un traballo transversal entre Departamentos e que coordinarán os profesores Mariano Muñiz e Eduardo Estévez