Comenius 2012/14

3″Tell me about famous people in your country

Durante os cursos 2012/13 e 2013/14 estamos a cooperar con centros de Polonia (Kasina Wjelka), Alemania (Bad Dürrheim) e Francia (Toulusse) nun proxecto que nos permita coñecer as celebridades de cadanseu país.

Temos un blog no que volo contamos todo, e onde podedes ver os produtos que vimos elaborando no noso centro e nos dos compañeiros.

En outubro de 2012 produciuse un primeiro encontro en Kasina Wjelka: velaiquí unha presentación que nolo conta todo!

Antes de ir, fixemos un diccionario galego-inglés básico en formato audiovisual, e xa alí, presentamos o que será un dos nosos proxectos: a maqueta dun autoxiro, enxeño deseñado polo español Juan de la Cierva:
   

Para a viaxe, como acostumamos, Joaquín deseñou esta bonita libreta

En marzo fixemos unha segunda viaxe, esta vez a Mèzin, Francia. Oito días de aventuras, coñecer xente, practicar idiomas… no blog tedes toda a información, e aquí un álbum de fotos da viaxe.

 

Antes de ir traballamos nun montón de cousas: fixemos presentacións sobre persoeiros famosos do noso país (como a que che poñemos aquí abaixo, de Iago Araújo, sobre escritoras galegas), traballos sobre Castelao, un futbolín…