Club do antifás

O Club do Antifás é un lugar onde experimentar, desaprender, contar historias, situarnos con criterio no mundo que nos rodea. Cada martes na hora do xantar practicamos a reflexión colectiva e interactiva sobre temas que nos preocupan e logo intentamos plasmar as nosas inquietudes en pequenas pezas audiovisuais. Temos 2 canles de Youtube (Cachavídeo e Clubdoantifás), onde ver as producións que imos facendo


Curso 2015/16

O proxecto deste curso 2015/16 chega da man de 2 prestixiosas empresas: Gingko, experta en comunic. audiovisual, e AGARESO), unha ONG de xornalistas moi enfocada cara a educacion para o desenvolvemento.

Fumos 5 os centros escollidos para participar: Viana do Bolo, Navia de Suarna, A Guarda, Ames e Boiro. Unha honra!

Os nosos obxectivos son:

  1. Mellorar a Competencia mediática: reflexión sobre as desigualdades sociais desde unha perspectiva mediática.
  • Comunicación como ferramenta para o desenvolvemento.
  • Inclusión e tratamento da diversidade social e cultural.
  • As TIC como espazos de creatividade e participación social.
  1. Construción dun proxecto colectivo.
  • Rede de colaboración entre escolas galegas (xeograficamente distantes)
  • Visibilización da diversidade sociocultural en Galicia
  • Visibilización do labor docente e a actividade educativa
  1. Proceso colaborativo de Acción-Investigación.
  • Investigación inxustiza
  • Investigación mensaxes mediáticas
  • Investigación TIC e a súa interacción coa nosa realidade

 

  • Curso 2009/10: Francachadonia, explorando outro xeito de moverse polo mundo (coñecemento doutras sociedades para integrarse harmonicamente nas mesmas)
  • Curso 2010/11: Ciconi@ 2.0, achegarse ós movementos migratorios vinculados á rexión do Barbanza: emigracións na historia, inmigración hoxe
  • Curso 2011/12: Futuro de Indicativo, coñecer o presente nas súas claves sociais e económicas para emprender un futuro con optimismo, solidariedade e creatividade
  • Curso 2012/13:
    • Colaboramos no Comenius “Tell me about famous people in your country” facendo un futbolín, creando o seu sitio web, elaborando uns sketches históricos de encontros de persoeiros famosos…
    • Coordinamos as Xornadas multiculturais ONGD ConTacto: cada luns de 16.30 a 18.30, un grupo diferente de alumnos e profes dá clase de lingua e cultura ós inmigrantes asociados á ONGD ConTacto
    • Participamos no Proxecto Terra, na unidade de Identidade Territorial, visitando Melgaço
    • Colaboramos no 1º Concurso de Teatro Roberto Vidal Bolaño, que o ENDL organiza. Ó profe, Lucho Penabade (dos Quinquilláns), entrevistámolo para o noso blog!
    • E montamos un vídeo sobre a xenialísima experiencia de teatro online Amores Prohibidos que fixemos o ano pasado cos Chévere, e que case nos leva ós Mestre Mateo!

Curso 2014/15

O Club do Antifás traballou a Xestión Cultural, e para iso colaborou estreitamente cos organizadores do Encontro de Embarcacións Tradicionais que vai ter lugar en Cabo de Cruz o vindeiro xullo (9 a 12).

Elaboramos diferentes instalacións artísticas que agardamos que vos gusten. Coma sempre, o traballo foi asambleario, creativo, participativo. Grazas a todos!

  • Instalación Aquaecultura: unha aproximación ó mundo do mar desde diferentes ópticas: saúde, deporte, ciencia, arte, mitoloxía… Cada área trátase nun cartaz con imaxes, e os cartaces van mergullados nun tanque de auga, dentro de caixas de peixe antigas. Para ver as imaxes do póster hai que empregar unha “caixa de espello”, un dispositivo que se usaba antigamente para pescar centolas. Acompañando cada cartaz hai un audio en 4 idiomas que completa a información. Os audios estarán aloxados en tablets que se mercaron para o centro, e que durante o Encontro de Embarcacións estarán no lugar desta orixinal instalación
  • Docuficcións: Unha lata de mexillóns e Working Girl. Dous traballos que presentan a realidade das mulleres no mundo do mar, o primeiro nun mundo que lle é habitual (as conserveiras) e o segundo desde un ámbito tradicionalmente de homes (o deseño e construción de barcos). Para documentarnos graváronse a diferentes persoas, proceso que queda recollido no vídeo As mulleres e o mar
  • CrebaOurizo: unha escultura tipo land art que se erguerá no espazo da exposición nos días previos á apertura de portas. Con ela pretendemos denunciar dun xeito creativo a cantidade de lixo que se bota ó mar
  • Ollo de Peixe: unha instalación de vídeo dentro dun contedor portuario. Teredes que entrar nel e escoller qué final queredes para o peixe!