E… IMOS CELEBRAR O MAGOSTO, O SAMAÍN E COMEZAMOS CO TEATRO

O vindeiro 8 de novembro,  en horario de tarde, o noso instituto será un fervedeiro de actividades, xa que celebramos, como todos os anos, o SAMAÍN e o MAGOSTO; dúas festas de gran raigame e tradición no noso país.

Pero… tamén comezan os ensaios de teatro. O teatro é unha actividade que se está consolidando no noso instituto, que está promovida polo Equipo de Dinamización Lingüística e que goza de gran popularidade entre a comunidade educativa, ademais culmina,  na semana das Letras Galegas, cunha representación teatral no salón de actos da Cachada que agradecemos e gozamos entusiasmados.

Este ano contamos cunha nova directora que se chama SABELA HERMIDA que ten un currículo que dá vertixe e seguro que os nosos actores e actrices o van saber agradecer e gozar. Aí vos vai:

FORMACIÓN ACADÉMICA

2013;           Doctora en Artes Escénicas, Universidad Rey Juan Carlos, Madrid. Tesis: “Desarrollo artístico de María Casares dentro del marco existencialista francés”

2008-2009;  Máster en Artes Escénicas, Teatro, Música y Danza. Universidad Rey Juan Carlos,  Madrid.

2003-2004;  Curso de adaptación del Profesorado. (CAP),  Universidad Complutense, Madrid.

1997-2002;  Licenciada en Filosofía, Universidad de Granada.

 

EXPERIENCIA ARTÍSTICA

CINE E TELEVISIÓN

2016;           Casa Manola, diixido por Javier Camino.

 2014;          Na Nosa Nube,  “Lorca canta a Rosalía: Fusión Galego, flamenco-árabe”.        Bailarina y Rapsoda.

 2012;          Escoba, dirixido por Mariana Carballal.

2007;          Efectos Secundarios, dirixido por Chema Fernández.

2005;          Camarón, dirixido por Jaime Chavarri.

2004-2005; Libro de Familia, dirixido por Mariana Carballal.

2003;           Héctor, dirixido por Gracia Querejeta.

2001;           El Gusano, dirixido Manolo Pastor. (Subvencionado Ayuntamiento Granada)

 

TEATRO E DANZA

2016;   “A Poesía de María”, dirección Lino Braxe (Recital poético en homenaxe a María Casares, organizado pola AAAG na Casa Museo Casares Quiroga)

2016;   “O Fillo da Furia. 20 Voces por Lois”, dirección Lino Braxe (Recital poético en homenaxe a Lois Pereiro)

2016;    “Manar. La Última Caravana”, dirección Lino Braxe. –Actriz protagonista e bailarina-          

2015;    “Cartas a un amigo Alemán”, dirección Lino Braxe. –Secundaria-

2015;    “Paseillo. Poema Flamenco Taurino”, dirección Hugo Pérez. –Actriz protagonista-

2014;     “Tres Flamencos y mil versos”, dirección David de Loaysa. –Actriz protagonista e bailarina-.

2013;    “Los Toros a Escena”, dirixida por Mariano de Paco. -Bailaora-.

2012;    “El Ser Humano es Azul”, dirixida por Patricia Valdevira. -Actriz   e bailarina-.

2010;    “Cuadro Flamenco Antorrín Heredia”. –Bailaora-.

2011;    “Rosa de Dous Aromas”, dirixida por Lino Braxe. -Protagonista-.

2002;    “La Sucia”, dirixido por Roberto Aron. -Protagonista-.

2002;    “El Oso” y “La Petición de mano”, dirixido por Gerardo Ruano.-Protagonista-

2002;    “La Marquesa de Lastpur Lotion”, dirixido por Gerardo Ruano.-protagonista-.

2001;    “El Proceso”, dirixido por Gerardo Ruano.-Secundario-.

 

FORMACIÓN ARTÍSTICA

Interpretación

2014;           “Interpretación y Guión para cine y televisión”, curso impartido por  Mariana Carballal y Chema Gajino.

2007;           “Interpretando a Shakespeare”, curso impartido por Eusebio Lázaro.

                    “Interpretación frente a la cámara en Cine y T.V.”, curso impartido por Rosa Estévez.

2006;           “Curso anual de interpretación y de dirección para actores”, impartido por Irina Kouberskaya.

2005;           “Curso de interpretación para actores profesionales”, impartido por Joan Font.

2004;            “Curso de Comedia del Arte”, impartido por Marie-Helene Garnier.

.                   “Curso anual para actores profesionales”, impartido por  Jibila Pietrak, en la Escuela-Teatro Réplica.

“Curso intensivo de interpretación frente a la cámara”, impartido por el  Submarino, Madrid.

2002-2003;  “Curso de interpretación, técnicas teatrales en la Escuela Roberto Aron”

1999-2002;  “Escuela de artes escénicas y audiovisuales Express-Art”. (Fin de  Formación.)

1998-1999;  “Introducción al teatro; iniciación a las artes escénicas”, Universidad de  Santiago de Compostela.

Danza  e Música

Danza Oriental:    Nivel Profesional; Bailarina, Coreógrafa e Profesora.

Formación en Danza Oriental, Folklore Egipcio e Libanés e Danza do  Ventre cos mestres máis destacados do panorama nacional  internacional: Mahamoud Reda, Mohamed Alí, Luna Yatsulian, Alejandra Weil, Nesma, Claudia Cenci, Aixa, Marian Manmaeva.

Formación de Danza Oriental e Folklore Egipcio en Casa de Porras, Granada, durante tres anos.

Técnica e coreografía de Solo Percusión con Mitak Islam.

Formación Zingaroriental (pandero, crótalos e mantón), Mirian Szabo.

Formación en ritmos árabes e andalusís; Escuela Alandalus, Madrid.

Dominio dos siguientes elementos; Velo, Doble Velo, Crótalos, Pandereta, Sable, Dagas, Alas de Isis, Bastón, Velas.

Baile flamenco:    Nivel Avanzado.

Formación; Escuela Amor de Dios, “La Presi”, “La Truco”, Belén de la Quintana, Juan Ramírez, “La China”, Leticia Gómez, Raquel García, Isis de Santiago, “La Tati”, entre outros.

Clásico: Nociones.

Formación; Conservatorio Mayeusis, Vigo, Ballet Studio, Santiago Compostela.

Clases particulares con Victoria Rodriguez.

Taller “La Energía Femenina en la Danza Ritual”, impartido por Fernanda Cabral.

Música: Ata 5º de Solfeo e 4º Piano

OUTROS

Membro do xurado do “Festival Audiovisual Olloboi”, 2016.

Membro do xurado do “Festival Audiovisual Olloboi”, 2015.

Membro do xurado de Artes Escénicas dos “Premios da Crítica de Galicia”, 2014.

Vídeo do STARcach

Vídeo resumo do proxecto STARcach, unha combinación do traballo de varios Departamentos (Galego, Tecno, Mates, FQ, Inglés) e rapaces no eido do audiovisual e a robótica. Todo un curso aprendendo, creando e disfrutando, un pracer!

Campaña da cadeira vermella

Este curso 30 alumn@s de 1º ESO voluntari@s están a traballar nunha rede solidaria da ONG Entreculturas que traballa pola educación nos países menos desenvolvidos. Reunímonos algúns martes ó mediodía co obxectivo de deseñar actividades que loiten por lograr un mundo máis xusto.
Neste curso comezamos a nosa andadura na Rede solidaria e queremos presentarvos a Campaña da Cadeira Vermella, que tén 3 obxectivos:

*Concienciar sobre unha grave inxustiza
*Facilitar cauces de recadación de apoios con Proxectos do Sur
*Incidir e defender as políticas públicas

En todas as aulas de 1º colocaremos unha cadeira vermella, que representará a todos os nenos e nenas do mundo que están sin escolarizar. É Vermella porque simboliza alerta e crea alarma sobre esta inxusta realidade.

(A Campaña foi presentada no ano 2012 en Madrid pr Entreculturas para alertar dos 61 millóns de nenos e nenas no mundo ós que se lles nega o dereito a unha educación.
Estes nenos e nenas carecerán de ferramentas e oportunidades para afrontar a vida.)

Culture Class

Esta semana o Departamento de Inglés celebrou unha Culture Class para o alumnado de 4º

STARgal: premio de Innovación en Dinamización Lingüistica

O martes 10 de maio propoñemos a todos os centros de secundaria de Galicia competirmos xuntos no #STARgal: un proxecto elaborado no IES A Cachada, Boiro, para demostrar que as TIC e o galego poden e deben ir da man se queremos construír unha sociedade máis sólida e preparada.

A competición será virtual e consistirá en 2 probas:

  • RañaSTARgal, unha competición de habilidade e coñecementos a través de videoxogos elaborados polo noso alumnado con Scratch
  • OlloSTARgal, un concurso de videopoemas elaborados con móbil, organizado en colaboración co Festival Audiovisual Escolar Olloboi
Entra en cada pestana para saber máis sobre como funcionará cada competición e os premios correspondentes.
Entre tod@s, podemos frenar o retroceso do galego. O primeiro paso é reivindicar o seu uso nas áreas de prestixio laboral e social actuais: o audiovisual, a robótica e a programación.Para máis info,
cachavideo@gmail.com
Esta actividade conta co apoio económico da Xunta de Galicia, a través das axudas a Innovación en Dinamización Lingüística

Actividades Letras Galegas

A semana que vén celébranse as Letras Galegas, que este ano se lle dedican ó escritor Manuer María, poeta e home comprometido profundamente coa lingua e a cultura do noso país.

Para conmemoralas, o Equipo de Dinamización de Lingua galega, coa colaboración doutros Departamentos Didácticos do noso instituto estamos organizando diversas actividades que contribúan a un maior coñecemento da vida e obra deste insigne poeta.

Entre estas actividades están:

  • Visita á Casa-Museo de M. María en Outeiro de Rei, que se complementará cun percorrido pola cidade de Lugo e o Centro de Interpretación da Muralla (4º ESO)
  • Exposición “Deconstruíndo cultura”, conxunto de retratos artísticos e literarios elaborados coa colaboración da xente do Obradoiro de Fotografía en Curso e a artista Susana Diz
  • Teatro: a obra que se representará (“Ensaiade, ensaiade,  maldit@s”) é froito do obradoiro de teatro que se desenvolveu os martes ó longo deste curso, obradoiro que conta coa participación de 18alumnos e alumnas e que está dirixido por Tero Rodríguez.
  • STARgal: mostra dos produtos elaborados ó longo do curso no STARcach (Seminario transversal de audiovisual e robótica). Un exemplo de que as novas tecnoloxías e o galego poden e deben ir da man na sociedade moderna que queremos construír.

Anexo con respecto á obra: Ensaiade, ensaiade, maldit@s

SINOPSE

As actrices e actores desta compañía levan tanto tempo encerrados ensaiando as mesmas escenas que xa non recordan cando comezaron. O teatro é para eles unha tortura  enfermiza. A vida e a ficción confúndense. A rutina e o cansazo anulan as súas vontades. A covardía impídelles ver que hai saída. Con todo, hai momentos nos que se meten na pel dos seus personaxes e xogan a que son felices.

PROCESO

Nesta montaxe queremos compartir tres escenas emblemáticas do teatro galego como A Fiestra Valdeira de Rafael Dieste, que modernizou a dramaturxia galega de principios do século XX; Rastros de Roberto Vidal Bolaño, que fai unha irónica e ácida interpretación da realidade; e Limpeza de Sangue de Rubén Ruibal, premio Nacional de Literatura Dramática, que representa o teatro dos autores contemporáneos. Tamén aparecen diálogos de Esperando a Godot, de Samuel Beckett, texto representativo do teatro do absurdo. Á par, creamos un diálogo entre xéneros e adaptamos algúns dos relatos de Made in Galiza de Sechu Sende. Para unir estas escenas elaboramos unha trama a partir de exercicios de improvisación e dinámicas de creación colectiva.

ELENCO:

Xabier Rodríguez,  Valentín Segade,  Sandra Fernández, Diego Vidal, Esteban Pérez, Víctor Sóñora, Ana Gago, Marco Nieto, Juan Quelle, Roque Tubío, Abel Noal, Alba Dieste, Gisela Fernández, Fernando Miranda, Samuel Castro, Alex Castro, Ada Villar, Andrea Outeiral, Marta Segade.

MÚSICA:

Jacques Offenbach: Orfeo nos infernos

Boney M: Daddy Cool

DIRECCIÓN: Tero Rodríguez

Saída de 2º a Madrid e Ávila

O alumnado de 3º da ESO foi a Madrid e Ávila en compañía das profes de Relixión e Música