Actividades extraescolares 2013/14

1º TRIMESTRE

  • SOCIAIS: Xoves 17 de outubro de 10:30 ata 12:30. Os alumnos de 3º asisten a unha charla dada por un representante da cámara de comercio “O espírito emprendedor”.
  • COMENIUS: Viaxan 10 alumnos a Alemaña no mes de outubro, acompañados de dúas profesoras.
  • MATEMÁTICAS: O día 10 de outubro de 20:30 a 23:00h, observación astronómica no instituto dirixida por personal do observatorio Ramón Mª Allerda USC.
  • ENL: Martes 12 de Novembro durante todo o día os alumnos de 3º e 4º fixeron a Ruta 63. 150 anos de Cantares Galegos. Ruta a pé dende Padrón a Lestrove, Brión, Ames. Acompañados de 5 profesores.
  • ORIENTACIÓN: O día 13 de Novembro os alumnos de 3º van ó salón de actos da Cachada a ver unha representación teatral “Tabaquismo”.
  • RELIXIÓN: O día 19 de Novembro os alumnos de 1º Visitan a Catedral de Santiago (cubertas interior, prazas). Convento Franciscano (Museo de Terra Santa, igrexa e albergue de transeúntes). Xa pola tarde en Noia visitan a Igrexa de S. Martiño e o Museo das laudas Gremiais. Acompañados de catro profesores.

2º TRIMESTRE

  • CdA: Flor viaxa a Madrid nos días 16 e 17 de xaneiro a recoller o 2º premio de Innovación educativa concedido pola fundación GSD, acompáñana dúas alumnas de 4º Nuria Otero Sánchez e Valeria Martínez Lojo.
  • RELIXIÓN: Coa colaboración do Departamento de Educación Física e de outros profesores realizan unha carreira solidaria a beneficio de Save the Children “Etiopía” o día 30 de xaneiro coincidindo coa xornada da paz. Participan 60 alumnos e varios profesores; a recadación foi de 1004 euros.
  • GALEGO: O día 4 de febrero os alumnos de 3º teñen un encontró coa escritora Ledicia Costas de 16.30 a 17.30h.
  • ORIENTACIÓN: Programa ”Somos dous”. Para 3º. Charlas de prevención da violencia de xénero.
  • EDUCACIÓN FÍSICA: Bolsa deportiva. Acto no IES ”Pobra do Caramiñal”. Acuden 23 alumnos. O día 13 de febrero.
  • TECNOLOXÍA: En Coruña concurso de Lego o día 14 de febrero. Participan 24 alumnos. Un grupo de 4ºA gaña o concurso!
  • SOCIAIS e RELIXIÓN: 86 alumnos de 2º viaxan a Tui para visitar de forma guiada a cidade e a Catedral, son acompañados por cinco profesores.
  • FRANCÉS: Intercambio con Picardie. Do 15 ó 21 de febrero 19 alumnos e dous profesores visitan o noso instituto e comparten aloxamento cos alumnos que participaron no intercambio.
  • ENTROIDO: Como xa se ven realizando todos os anos no instituto o día 7 de marzo celébrase o festival de Entroido. O tema escollido polos alumnos este curso foron os video-clips. Para cada nivel hai un premio, que consistirá nunha comida na Praia no terceiro trimestre.
  • RELIXIÓN: Viaxe a Roma para o alumnado de 3º.Viaxan 52 alumnos acompañados de tres profesores do 23 ó 28 de marzo. Visítanse os lugares máis emblemáticos da cidade e acúdese a audiencia co Papa no Vaticano.
  • EXCURSIÓN FIN DE ETAPA: 34 alumnos de 4º realizan acompañados de dous profesores unha viaxe á neve (Andorra). Do día 22 ó 29 de marzo.

 


3º TRIMESTRE

  • GALEGO: Encontro do alumnado de 1º de ESO co autor do libro O castiñeiro de abril. Antonio Manuel Fraga. Día 8 de abril de 10.45 a 12h.
  • SOCIAIS: Martes 22 de abril, saída de estudo a Pontevedra (Museo de Pontevedra) e Campo Lameiro (Parque arqueolóxico de arte).1ºESO
  • ORIENTACIÓN: Os días 22, 23 e 24 de abril: Programa “KTORCE 18” para 2º, 3º e 4º. Impartido pola asociación Arela.
  • MATEMÁTICAS: Xoves 24 de abril Olimpiada matemática. Participan 8 alumnos de 2º ESO.
  • COMENIUS: Do 5 ó 10 de maio alumnos franceses, polacos e alemans acompañados dos seus profesores visitan o noso centro. Comparten aloxamento cos nosos alumnos e participan de viaxes que se lles organizan, actividades educativas, lúdicas e festivas.
  • EDL: