Espazo extraescolar

Somos un centro que aposta por complementar as actividades lectivas con outras extraescolares participadas directamente polo alumnado. Temos un equipo de Extraescolares formado polas profes Ana Moreiras e Pilar Hermo que, xunto ó EDL (Carme Robledo e Silvia García)  e un grupo de voluntarios e voluntarias de todos os cursos, leva a cabo numerosos proxectos interdisciplinares cada ano.

Este curso 2017/18 imos embarcarnos nun proxecto colectivo que vai involucrar a gran parte do profesorado e a todos os alumnos e alumnas: a Roda do Ano, unha revisión do concepto do progreso e unha chamada de volta á natureza. Iremos informando!

A parte dos proxectos colectivos, moitos Departamentos traballan arreo para ofertar un catálogo plurar e pedagóxico de actividades complementarias e extraescolares. Bota unha ollada ás deste ano!