Máis ca palabras 2016

Unha vez máis, o departamento de Lingua Galega e Literatura pón a andar o concurso literario que xa vén sendo un clásico no noso instituto dende hai ben anos. A convocatoria deste ano é máis novidosa no senso de que apostará polo uso das novas tecnoloxías para a expresión artística. De aí que a frase que decidimos escoller para acompañar esta nova convocatoria sexa “Máis ca palabras”; porque para a expresión do voso xenio creador utilizaredes máis ca palabras, abriredes as xanelas das imaxes, dos sons, da música, do debuxo, do que queirades… Só tedes que soltarvos. Animádevos a participar!! Tedes de prazo ata o 18 de marzo e haberá 3 premios en cada categoría.

Recordade que todas aquelas creacións que se presenten teranse en conta na materia de Lingua Galega e literatura, podendo conseguir ata un punto que se sumará á nota final da 2ª avaliación.

Haberá tres modalidades: COMIC, SONIGRAMA e VIDEOPOEMA. Consulta a continuación as bases:

a) O CÓMIC. Dirixida a alumnado de 1º e 2º de ESO.

  • Poderase participar individualmente ou por parellas
  • O formato será dixital e poderán utilizarse programas tipo pixton, storyboard, Toondoo…
  • O temá será libre
  • Deberá estar escrito en lingua galega
  • As historias deberán ter un título e estarán asinadas cun seudónimo

b) SONIGRAMAS. Dirixido a alumnado de 3º de ESO.

Esta é unha modalidade que naceu no programa Diario cultural da RTVG e consiste no seguinte:

  • A partir dun audio no que se escoitarán diferentes sons, tedes que crear un microrrelato que teña certa relación co que acabades de oír.
  • A extensión do microrrelato terá entre 80 e 100 palabras.
  • Enviaredes as vosas creacións a esta revista no apartado de “Respostas” do post de publicación da convocatoria, asinadas cun seudónimo.
  • Unha vez rematado o prazo, os 3 microtextos máis votados por vós serán os gañadores do concurso.

Velaí vai o sonigrama que inspirará a túa historia:

 

c) VIDEOPOEMAS. Dirixido ao alumnado de 4º de ESO. 

  • Poderedes participar individualmente ou por parellas
  • Os videopoemas realizaranse sobre un poema dalgún autor/a da nosa literatura galega.
  • Deberán ir acompañados dun audio co recitado do poema, ao que se lle poderá engadir música ademais das imaxes e expresións plásticas que se desexen.
  • Tamén se aceptarán videopoemas realizados con stop­motion