Letras Galegas 2016

Neste 2016 as Letras adícanse ó escritor Manuer María, poeta e home comprometido profundamente coa lingua e a cultura do noso país. Para conmemoralas, o Equipo de Dinamización de Lingua galega, coa colaboración doutros Departamentos Didácticos do noso instituto organizamos diversas actividades que para contribuír a un maior coñecemento da vida e obra deste insigne poeta.

 

  • Visita á Casa-Museo de M. María en Outeiro de Rei, que se complementará cun percorrido pola cidade de Lugo e o Centro de Interpretación da Muralla (4º ESO) Xogo de pistas_Manuel María_02
  • Exposición “Deconstruíndo cultura“, conxunto de retratos artísticos e literarios elaborados coa colaboración da xente do Obradoiro de Fotografía en Curso e a artista Susana Diz
  • Teatro: a obra que se representará (“Ensaiade, ensaiade,  maldit@s”) é froito do obradoiro de teatro que se desenvolveu os martes ó longo deste curso, obradoiro que conta coa participación de 18alumnos e alumnas e que está dirixido por Tero Rodríguez.
  • STARgal: mostra dos produtos elaborados ó longo do curso no STARcach (Seminario transversal de audiovisual e robótica). Un exemplo de que as novas tecnoloxías e o galego poden e deben ir da man na sociedade moderna que queremos construír.


Anexo con respecto á obra: Ensaiade, ensaiade, maldit@s

SINOPSE As actrices e actores desta compañía levan tanto tempo encerrados ensaiando as mesmas escenas que xa non recordan cando comezaron. O teatro é para eles unha tortura  enfermiza. A vida e a ficción confúndense. A rutina e o cansazo anulan as súas vontades. A covardía impídelles ver que hai saída. Con todo, hai momentos nos que se meten na pel dos seus personaxes e xogan a que son felices.

PROCESO Nesta montaxe queremos compartir tres escenas emblemáticas do teatro galego como A Fiestra Valdeira de Rafael Dieste, que modernizou a dramaturxia galega de principios do século XX; Rastros de Roberto Vidal Bolaño, que fai unha irónica e ácida interpretación da realidade; e Limpeza de Sangue de Rubén Ruibal, premio Nacional de Literatura Dramática, que representa o teatro dos autores contemporáneos. Tamén aparecen diálogos de Esperando a Godot, de Samuel Beckett, texto representativo do teatro do absurdo. Á par, creamos un diálogo entre xéneros e adaptamos algúns dos relatos de Made in Galiza de Sechu Sende. Para unir estas escenas elaboramos unha trama a partir de exercicios de improvisación e dinámicas de creación colectiva.

ELENCO: Xabier Rodríguez,  Valentín Segade,  Sandra Fernández, Diego Vidal, Esteban Pérez, Víctor Sóñora, Ana Gago, Marco Nieto, Juan Quelle, Roque Tubío, Abel Noal, Alba Dieste, Gisela Fernández, Fernando Miranda, Samuel Castro, Alex Castro, Ada Villar, Andrea Outeiral, Marta Segade.

MÚSICA: Jacques Offenbach: Orfeo nos infernos Boney M: Daddy Cool

DIRECCIÓN: Tero Rodríguez