Letras Galegas 2015

letras galegas9Na semana do 11 ao 17 de maio, celebrouse no IES A Cachada o día das Letras Galegas. Entre as celebracións tivemos un desfile de traxes tradicionais galegos e a representación de tres obras teatrais en galego.

    • IMG_8640O martes pola mañá, baixo a dirección de Dani e Marta, os actores que participaban nas obras dirixíronse ata a Casa da Cultura para ensaiar por última vez as obras, e sobre as doce e media, todo o alumnado e o profesorado foi ver as representacións teatrais: Encerrados de Sandra Moares, Quen necesita bondade? de Jonathan Costas e Caos no avión de Marta Segade e Andrea Outeiral.

      Cando finalizou o teatro, realizamos unha camiñata pola zona vella de Boiro ata o Pazo de Goiáns, onde xantamos e onde puidemos gozar do concerto de Narf. Ó rematar fomos camiñando ata Boiro, pero esta vez, por Escarabote e Praia Xardín. Foi un día moi completo!

      O venres, varias alumnas e alumnos do noso instituto, desfilaron na entrada principal do instituto vestidos con raxes tradicionais galegos cedidos por Herminia Rodríguez, dúas profesoras do centro (Berta Gómez e Mayca Rodríguez) e polas alumnas Jessica Ríos e Marta Gey. Foi un día moi duro para os nenos e nenas que desfilaron, xa que, tiveron que saír varias veces durante toda a mañá para que todo o instituto vise este bonito desfile.

      IMG_8800

      O desfile foi moi didáctico, xa que, nos explicaron as características dos 18 traxes, que tan ben luciron os nosos compañeiros.

Aquí vos queda un álbum de fotos da xornada