Excursión a Santiago De Compostela

O martes 7 de novembro os alumnos de 1º foron a Santiago De Compostela, onde puderon ver a Catedral, alí subiron ata a fachada para ver as fermosas vistas da cidade e explicar un pouco o lugar, tamén tiveron varias charlas e xogaron a algúns xogos cuns monitores. Para rematar á hora de comer foron ao centro comercial As Cancelas onde pasaron alí o resto da tarde.

.      

 

Visita á illa de San Simón

O pasado martes 6 de novembro fomos á Illa de San Simón para coñecer un bo anaco da historia do noso país: a lírica galego-portuguesa, a batalla de Rande, a política de Lazaretos, o uso da illa como cárcere na Guerra Civil…

De paso, paramos para ver in situ as obras de ampliación da ponte de Rande: sabíades que é a primeira ponte de tirantes en ser desdobrada no mundo?

Illa de San Simón, 6/11/17

Magosto 2017

Dentro dos actos do Samaín, o 31 de outubro celebramos o Magosto. Para isto, contamos con Quico Cadaval e Marga Alborés, quen nos falaron da Roda Celta do ano e contaron historias de difuntos.

Pola tarde celebramos unha competición de bolos celtas, tiro de corda, zancos, billarda, chave…

Houbo un obradoiro de maquillaxe terrorífica e, como non, castañas asadas que fixeron Eduardo e Richard.

E velaí as fotos da Semana!

Magosto 2017

Saída a unha Bioconstrución con Guido Tomasini

O primeiro proxecto do ano para 3º da ESO consiste en facer a maqueta dunha vivenda moderna pero con inspiración celta. Debe empregarse criterios de bioconstrución.

Para preparalo, desde Sociais pasáronnos esta presentación sobre a cultura castrexa e nas aulas vimos o capítulo 5 de Grandes Estruturas que emiten en La2 tódolos días ás 21:00h.

A nivel práctico, visitamos unha vivenda que está a ser remozada polo experto bioconstrutor Guido Tomasini, aquí mesmo en Ferreiros. Con el elaboramos a mestura que empregaremos para os bloques (barro, area e palla) e vimos in situ os criterios básicos deste tipo de construcións. Ademais, visitamos o Castro de Neixón para coñecer e comprender o xeito de vida dos castrexos.

Obradoiro de Maquillaxe

Hola chavalada! hoxe tivemos un obradoiro de maquixalle, no cal os alumnos de todolos cursos participaron, tanto maquillando como instruindo a os seus compañeiros, pero como non podía deixar de ser obtivemos un maquillaxe verdadeiramente arrepiante que poderemos ver no vindeiro Samaín.

Un mes de Milla Diaria

Desde setembro estamos a percorrer unha milla nos primeiros recreos de martes e xoves. Forma parte do programa de actividades saudables do noso Proxecto Deportivo e a Roda do Tempo. Animádevos a participar!

Mentoring con María Magán de La Doce

O martes 10 de outubro tivo lugar a presentación institucional do programa “Mentoring creativo”, enmarcado dentro do Proxecto de emprendemento creativo dende o ámbito local “República Creativa”. A charla dirixiuse ó alumnado de 4º ESO da materia de iniciación a actividades emprendedoras e empresariais e é unha das actividades que forman parte do Plan de Acción Titorial e do Plan de Orientación
Académica e Profesional do Centro.

Trátase dunha actividade que se desenvolve en  ectores relacionados coa creatividade en xeral, sector salientable que xenera un movemento económico de arredor de 3 millóns de euros anuais (só en Boiro). O noso obxectivo é presentar á xente moza e creativa unha alternativa de traballo no seu lugar de orixe.

Asistiron ó acto:
o Directora Xeral de Xuventude, Dna. Cecilia Vázquez Suárez
o Alcalde do Concello de Boiro, D. José Dieste Ortigueira
o María Magán, xerente de La Doce
o Orientadora do centro, Sabela Rodríguez García
o Representantes técnicos do Concello: Alberto García e Adriana Castro
o Director do centro: Mariano Muñiz Blanco

Antecedentes:

  • Curso 2016/2017
    • Visita guiada á empresa Moai
    • Visita guiada á empresa A fiestra
    • Visita guiada á empresa Serarte
    • Participación no Pecha_Kucha: emprendedores creativos en Boiro

 

  • Curso 2017/2018:
    • Continuidade con outras actividades do programa
    • Visita á galería La Doce
    • Charla con IN9-Eventos: empresa de organización e promoción de
      eventos

 

Arrinca o multiproxecto “O lóxico é alimentarse ben”

Dentro da liña de traballo do curso actual, centrada no tempo dedicado á nosa saúde e relacións persoais, así como ó medio natural onde vivimos, o EDL vai coordinar o Proxecta “O lóxico é alimentarse ben”, dentro do programa “Faite eco do lóxico“.

Realizaremos actividades sobre alimentación saudable desde un punto de vista interdisciplinar: vídeos de youtube, exposicións, videoxogos, campañas concienciadoras, etc. Poderás velas todas no noso blog.

 

O noso insti en Curtocircuíto

Como o cuso pasado gañamos un premio no festival audiovisual escolar Olloboi coa curta Máis che vale non ser ti, fomos convidados a participar da sección Canteiras do Festival Internacional Curtocircuíto.

Xunto a outros 8 centros, o venres 6 de outubro presentamos e visionamos no CGAC de Santiago o noso traballo; logo asistimos á gravación do programa El Séptimo Vicio de Radio3 con Javier Tolentino.