Letras Galegas 2017

Como o ano pasado, neste curso tivemos unha completísima xornada celebrando as Letras Galegas, que este ano se outorgaron a Carlos Casares.

Pola mañá puidemos ver as obras de teatro que preparou o Obradoiro Bolaño: unha peza de Carlos Casares (As laranxas máis laranxas de todas as laranxas) e outra da gañadora do concurso de microtextos teatrais, Laura Alvarellos (Isto non é o que tiña planeado).

Ademais, celebramos a 2ª competición virtual STARgal, na que tivemos oportunidade de xogar ós videoxogos que elaborou o alumnado de 2º e 3º, ver como funcionaban as instalacións robóticas de 4º e valorar os booktrailers e videocontacontos que se fixeron para o concurso Máis que palabras (que cada ano organiza o Departamento de Galego).

Para quen quixo quedarse fixemos un xantar popular, con música en directo incluída; tralos postres, puidemos xogar ós xogos tradicionais que nos trouxo unha asociación de Santiago e, para rematar, asistimos á performance do actor Serafín Marcos.

Deixámosvos as fotos e os carteis para que vos fagades unha idea!

Letras Galegas 2017

a