Visita tecnolóxica á Coruña

A saída a Coruña co alumnado de 3º deste ano foi moi produtiva, e agardamos que se espertaran vocacións profesionais con ela!

Na Facultade de Camiños vimos os diferentes laboratorios de ensaio, onde se fan probas e maquetas para logo construír diques, portos, pontes… Desde hai un ano a Facultade conta co túnel de vento máis potente de España, e aínda que nós o pillamos co sistema informático danado puidemos facernos unha idea da magnitude do ensaio.

Pola tarde fixemos unha breve pero ilustrativa e divertida visita ó Bricolabs, un laboratorio de fedelleir@s sito na Domus na que alucinamos coa de pequenos inventos que todos e todas podemos facer nas nosas propias casas a un coste ben baixo.

CONCURSO LITERARIO “MÁIS CA PALABRAS 2017”

 Un ano máis, o departamento de Lingua Galega e Literatura pón en marcha o concurso literario “Máis ca palabras” co gallo de impulsar, non só a creación de textos literarios, senón tamén calquera manifestación estética e artística relacionada con eles. É por este motivo polo que decidimos nomealo así; xa que coas vosas creacións, ademais de ler e escoitar palabras,  tamén gozaremos coas imaxes, acenos, metáforas e un sen fin de recursos que sairán da vosa imaxinación.

Neste curso 2016/2017 hai tres modalidades ás que vos podedes presentar:

a) contacontos

b) booktrailers

c) videopoemas

Velaquí vos deixamos as bases. Así que… animádevos a participar!!

Memoires croisées · 1617 · Memorias cruzadas

Un curso máis (e xa van catro!) levamos a cabo un proxecto intercentros, un intercambio lingüístico con moita trasversalidade -a memoria histórica-. Alumnas e alumnos de francés de 3º ESO traballan a reo durante o curso para acoller aos seus correspondentes de Ailly-le-Haut-Clocher, en Picardía (Francia).
Grupo boirenseGrupo francés

Eles virán a Boiro, durante unha semana, a fináis de xaneiro; nós viaxaremos a Ailly no mes de marzo.

Durante ese tempo conviviremos, compartiremos lingua e cultura, hábitos e familia. Ademais, amosaremos o traballo feito arredor da nosa historia (Guerra Civil, dictadura, transición, memoria histórica…) e achegarémonos ao feito polo grupo francés sobre a súa (I e II Guerra Mundial). Terémosvos ao tanto do progreso!

“Le Petit Prince”, unha desfeita!

Alumnado de francés antes de entrar no teatro.

Alumnado de francés antes de entrar no teatro.

Pois aí estabamos, a piques de entrar a ver a respresentación do “Petit Prince” (O principiño). Levabamos case un mes traballando sobre o autor, a obra, a peli de animación que fixeron hai pouco… e por fin, iamos ver a versión teatral. A compañía chámase Voilà! e é un espectáculo xestionado por Eina d’Escola, unha empresa catalana que promove teatro para escolares.

A obra foi un calamidade: interpretación dos actores desastrosa, que nin sabían o seu papel, execución técnica catastrófica (case sen ilumnación, microfonía, volume excesivo, erros nas entradas da música…) e posta en escea moi cuestionable e nada fiel ao conto de Saint-Exupéry. Moi decepcionante.
Saímos coa sensación de termos sido estafados. Agora estamos a falalo en clase, facendo a nosa terapia de grupo: debemos aprender a diferenciar o teatro, o bo, de insultos escénicos coma este e, antes ca todo, non perder a gana de ver e facer teatro.

Gran éxito dos recreos arrepiantes!

Un ano máis celebráronse os Recreos Arrepiantes no noso instituto e este ano tiveron unha gran afluencia de público. Sería porque desta vez había lambetadas para ir rillando mentres pasabamos un pouco de medo coas historias e curtas que fixeron os nosos compañeiros?

Os curtametraxes en galego de 1ºD tiveron a honra de empezar a semana. Durante a súa proxección puidemos entrar no mundo dos soños e de soños que resultaron ser reais, unha quedada de amigos que acabou con sangue e a tráxica historia dunhas irmás que agora buscan vinganza no noso mundo. Os nosos novos alumnos e alumnas fixérono estupendamente para ser a súa primeira vez!

O segundo día, puxémonos a escoitar unha historia de terror con imaxes e audio preparada e lida por uns rapaces voluntarios de 3ºC; na que nos relataron a inquietante historia dun home ao que unha man lle controlaba todas as súas accións.

Chegamos ao penúltimo día co noso alumnado máis veterano, que leu unha historia arrepiante en inglés, na que se relataba o que viviu unha nena cando quedou soa na casa. Sucesos que, definitivamente, póñennos os pelos de punta con só pensalo.

Abriron a semana e encargáronse de pechala outra vez os máis pequenos. Pero esta vez, non nos ensinaron ningún vídeo, senón que nos contaron historias de pequenos monstros agochados na nosa casa, pantasmas que atormentaban ao seu asasino, un poema que nos fixo reflexionar sobre estar moito tempo na cama e, como non, tampouco puideron faltar  os horribles pallasos nas festas de aniversarios.

Foi unha semana chea de terror e misterio, co magosto polo medio. E foi unha gran ledicia ver canta xente se achegou á biblioteca  nos recreos!

Miriam Vilarnovo

Velaquí vos deixamos algunhas fotos.

O MAGOSTO, QUE BEN O PASAMOS!

Como todos e todas sabedes, o pasado martes, 8 de novembro, celebramos o tradicional magosto no noso instituto. Un ano máis, o Equipo de Dinamización da Lingua Galega deseñou unha serie de actividades lúdicas nas que participaron tanto alumnado como profesorado. Puidemos tirar da corda, xogamos á billarda, ao pano, ás carreiras de sacos… Os máis ousados atrevéronse cos zancos e, por suposto, houbo quen se marcou un baile grazas ao magnífico dj que se encargou da música. Queremos aproveitar a ocasión para agradecer a vosa participación e colaboración; moi especialmente ao equipo de alumnos que dirixiu os xogos tradicionais, ao de maquillaxe terrorífica, ás mozas de prensa (Paula e Rebeca). Tamén aos asadores de castañas (Eduardo e Richar), que ademais nos deleitaron cunha demostración de baile; ao equipo directivo que non parou de encher cucuruchos de castañas e tamén ao de limpeza que quedou despois a recoller todo. Cremos que malia que o tempo non axudou moito, o magosto foi todo un éxito. Aquí vos deixamos algunhas imaxes que o demostran.

E… IMOS CELEBRAR O MAGOSTO, O SAMAÍN E COMEZAMOS CO TEATRO

O vindeiro 8 de novembro,  en horario de tarde, o noso instituto será un fervedeiro de actividades, xa que celebramos, como todos os anos, o SAMAÍN e o MAGOSTO; dúas festas de gran raigame e tradición no noso país.

Pero… tamén comezan os ensaios de teatro. O teatro é unha actividade que se está consolidando no noso instituto, que está promovida polo Equipo de Dinamización Lingüística e que goza de gran popularidade entre a comunidade educativa, ademais culmina,  na semana das Letras Galegas, cunha representación teatral no salón de actos da Cachada que agradecemos e gozamos entusiasmados.

Este ano contamos cunha nova directora que se chama SABELA HERMIDA que ten un currículo que dá vertixe e seguro que os nosos actores e actrices o van saber agradecer e gozar. Aí vos vai:

FORMACIÓN ACADÉMICA

2013;           Doctora en Artes Escénicas, Universidad Rey Juan Carlos, Madrid. Tesis: “Desarrollo artístico de María Casares dentro del marco existencialista francés”

2008-2009;  Máster en Artes Escénicas, Teatro, Música y Danza. Universidad Rey Juan Carlos,  Madrid.

2003-2004;  Curso de adaptación del Profesorado. (CAP),  Universidad Complutense, Madrid.

1997-2002;  Licenciada en Filosofía, Universidad de Granada.

 

EXPERIENCIA ARTÍSTICA

CINE E TELEVISIÓN

2016;           Casa Manola, diixido por Javier Camino.

 2014;          Na Nosa Nube,  “Lorca canta a Rosalía: Fusión Galego, flamenco-árabe”.        Bailarina y Rapsoda.

 2012;          Escoba, dirixido por Mariana Carballal.

2007;          Efectos Secundarios, dirixido por Chema Fernández.

2005;          Camarón, dirixido por Jaime Chavarri.

2004-2005; Libro de Familia, dirixido por Mariana Carballal.

2003;           Héctor, dirixido por Gracia Querejeta.

2001;           El Gusano, dirixido Manolo Pastor. (Subvencionado Ayuntamiento Granada)

 

TEATRO E DANZA

2016;   “A Poesía de María”, dirección Lino Braxe (Recital poético en homenaxe a María Casares, organizado pola AAAG na Casa Museo Casares Quiroga)

2016;   “O Fillo da Furia. 20 Voces por Lois”, dirección Lino Braxe (Recital poético en homenaxe a Lois Pereiro)

2016;    “Manar. La Última Caravana”, dirección Lino Braxe. –Actriz protagonista e bailarina-          

2015;    “Cartas a un amigo Alemán”, dirección Lino Braxe. –Secundaria-

2015;    “Paseillo. Poema Flamenco Taurino”, dirección Hugo Pérez. –Actriz protagonista-

2014;     “Tres Flamencos y mil versos”, dirección David de Loaysa. –Actriz protagonista e bailarina-.

2013;    “Los Toros a Escena”, dirixida por Mariano de Paco. -Bailaora-.

2012;    “El Ser Humano es Azul”, dirixida por Patricia Valdevira. -Actriz   e bailarina-.

2010;    “Cuadro Flamenco Antorrín Heredia”. –Bailaora-.

2011;    “Rosa de Dous Aromas”, dirixida por Lino Braxe. -Protagonista-.

2002;    “La Sucia”, dirixido por Roberto Aron. -Protagonista-.

2002;    “El Oso” y “La Petición de mano”, dirixido por Gerardo Ruano.-Protagonista-

2002;    “La Marquesa de Lastpur Lotion”, dirixido por Gerardo Ruano.-protagonista-.

2001;    “El Proceso”, dirixido por Gerardo Ruano.-Secundario-.

 

FORMACIÓN ARTÍSTICA

Interpretación

2014;           “Interpretación y Guión para cine y televisión”, curso impartido por  Mariana Carballal y Chema Gajino.

2007;           “Interpretando a Shakespeare”, curso impartido por Eusebio Lázaro.

                    “Interpretación frente a la cámara en Cine y T.V.”, curso impartido por Rosa Estévez.

2006;           “Curso anual de interpretación y de dirección para actores”, impartido por Irina Kouberskaya.

2005;           “Curso de interpretación para actores profesionales”, impartido por Joan Font.

2004;            “Curso de Comedia del Arte”, impartido por Marie-Helene Garnier.

.                   “Curso anual para actores profesionales”, impartido por  Jibila Pietrak, en la Escuela-Teatro Réplica.

“Curso intensivo de interpretación frente a la cámara”, impartido por el  Submarino, Madrid.

2002-2003;  “Curso de interpretación, técnicas teatrales en la Escuela Roberto Aron”

1999-2002;  “Escuela de artes escénicas y audiovisuales Express-Art”. (Fin de  Formación.)

1998-1999;  “Introducción al teatro; iniciación a las artes escénicas”, Universidad de  Santiago de Compostela.

Danza  e Música

Danza Oriental:    Nivel Profesional; Bailarina, Coreógrafa e Profesora.

Formación en Danza Oriental, Folklore Egipcio e Libanés e Danza do  Ventre cos mestres máis destacados do panorama nacional  internacional: Mahamoud Reda, Mohamed Alí, Luna Yatsulian, Alejandra Weil, Nesma, Claudia Cenci, Aixa, Marian Manmaeva.

Formación de Danza Oriental e Folklore Egipcio en Casa de Porras, Granada, durante tres anos.

Técnica e coreografía de Solo Percusión con Mitak Islam.

Formación Zingaroriental (pandero, crótalos e mantón), Mirian Szabo.

Formación en ritmos árabes e andalusís; Escuela Alandalus, Madrid.

Dominio dos siguientes elementos; Velo, Doble Velo, Crótalos, Pandereta, Sable, Dagas, Alas de Isis, Bastón, Velas.

Baile flamenco:    Nivel Avanzado.

Formación; Escuela Amor de Dios, “La Presi”, “La Truco”, Belén de la Quintana, Juan Ramírez, “La China”, Leticia Gómez, Raquel García, Isis de Santiago, “La Tati”, entre outros.

Clásico: Nociones.

Formación; Conservatorio Mayeusis, Vigo, Ballet Studio, Santiago Compostela.

Clases particulares con Victoria Rodriguez.

Taller “La Energía Femenina en la Danza Ritual”, impartido por Fernanda Cabral.

Música: Ata 5º de Solfeo e 4º Piano

OUTROS

Membro do xurado do “Festival Audiovisual Olloboi”, 2016.

Membro do xurado do “Festival Audiovisual Olloboi”, 2015.

Membro do xurado de Artes Escénicas dos “Premios da Crítica de Galicia”, 2014.

Vídeo do STARcach

Vídeo resumo do proxecto STARcach, unha combinación do traballo de varios Departamentos (Galego, Tecno, Mates, FQ, Inglés) e rapaces no eido do audiovisual e a robótica. Todo un curso aprendendo, creando e disfrutando, un pracer!